NORMAS PROMOCIÓNS DE ASCENSO A SEGUNDA AUTONOMICA 2012


  Non se pode fichar para as promocións.
Tarxetas: Os ciclos de cartóns seguen sumando, xa que estamos a falar dunha promoción que é unha continuación dunha liga.
Eliminatorias:
- Xogaranse a dobre partido tanto semifinais como final.
- As semifinais xogaranse  da seguinte maneira:
5ºclasificado-2º clasificado.
4º clasificado-3º clasificado.
- O primeiro encontro celebrarase no campo do peor clasificado no torneo da regularidade.
- Existirá o gol dobre fóra da casa en caso de empate.
- En caso de igualdade da eliminatoria xogarase prórroga e penalties.

Este ano formase un grupo de primeira autonómica novo polo que as vacantes de ascenso serán maiores. 
Como todos os anos hai 10 vacantes libres que se encherán cos ganadores das ligas e cos ganadores das promocións de ascenso dos 5 grupos.

En caso de haber máis vacantes ( moi probable)  e sendo imposible facer máis promocións de ascenso por falta de tempo, recurriuse a un sorteo o pasado 27.4.2012 na delegación de fútbol de Santiago de Compostela no que estaban presentes os clubs implicados e chegouse a conclusión seguinte:

- Os subcampións das promocións dos diferentes grupos subirían a segunda autonómica  por este orde:

1ª vacante: Grupo 10.
2ª vacante: Grupo 9.
3ª vacante: Grupo 7.
4ª vacante: Grupo 8.
5ª vacante: Grupo 6.

Para poñer un exemplo, en caso de que houbera 2 vacantes libres ( a maiores das 10 ordinarias) subirían os equipos que quedaran subcampións das promocións do Grupo 10 e 9. En caso de haber 3 vacantes subiría ademais o equipo subcampión da promoción do grupo 7 e así sucesivamente.


Para calquer duda, se vostede é dun equipo asociado a AFASEC,  pódense poñer en contacto connosco no seguinte enlace:
afasec@gmail.com

El Regate - Radio Obradoiro