RESOLUCIÓN DÚBIDAS PROGRAMA FÉNIX 2012

 
Como ben saberedes o programa Fénix é un sistema informático que permitirá a xestión do fútbol por internet.

Dende AFASEC sabemos que é o tema de moda e debido a varias chamadas que recibimos realizamos este escrito para valorar e esclarecer algunhas dúbidas e suxestións: 

1. Será de obrigado cumprimento estar dado de alta en Fénix para xogar a temporada 2012/2013 ( non haberá excepcións). 

2. Quén ten que afiliarse a Fénix?
Toda persoa física que estea nalgún eido do fútbol: Directivos, xogadores, adestradores, corpo técnico, etc.




3. Os clubs deben de afiliarse a Fénix?


Non. De momento solo está aberta a inscrición para persoas físicas. 

4. As persoas que se afilian xa están firmando algún contrato ou facendo ficha  con algún club?
Non. Hai que darse de alta na base de datos do programa Fénix simplemente. Máis adiante, a partir de o un de xullo de 2012 cada club deberá de tramitar a ficha de cada xogador cando considere oportuno.

5. Que é necesario para darse de alta?
Escaneado das dúas caras do DNI y fotografía da persoa a dar de alta.

6. Tempo de realización?
Entre cinco e dez minutos. 
7. Unha vez realizado, que hai que facer?
Entrar no correo electrónico e confirmar a veracidade deste facendo click na palabra enlace que aparece no segundo correo que remiten dende a Federación Española de Fútbol. 

8. Canto tempo tarda en chegar o contrasinal?
Pola experiencia actual, está tardando de 15 a 20 días, tempo que se pode aumentar nestas próximas semanas.

O motivo e porque na FGF teñen a dúas persoas comprobando os datos enviados dende Fenix e a súa base de datos da federación para poder tramitar a nova alta.

Actualmente están chergando ó día miles de peticións, polo que o retraso é xustificado. 


Todo o mundo espera ata o último momento.

9. Despois do día 30 de Xuño de 2012 non poderei darme de alta?
Si. Si poderás darte de alta, pero canto máis tempo  máis tarde mandaran  as claves para usuario e contrasinal... Estas claves de usuario e contrasinal serán obrigatorias para poder facer ficha para o ano vindeiro. 

10. Pode haber problemas para xogar para o ano vindeiro?
Sí. Os xogadores que non cumpran o requisito de darse de alta en Fénix non poderán disputar encontros oficiais ó carecer de ficha.Quén o faga a destempo pode ter que esperar días polos datos.

11. Como serán as fichas para o ano vindeiro? 
Haberá un escrito en internet por parte da FGF en próximos días.
Podemos adiantar que convivirán as dúas formas: 
- Ficha manual como ata agora. 
-Ficha electrónica que terá o formato parecido ó DNI español. 
Nota: Para tramitar a ficha manual hai que estar igualmente dado de alta en Fénix.


12. Un menor, que debe facer? 
Terán que ser os pais quén se dean de alta, e logo cando teñan o usuario e contrasinal, permitir ó seu fillo xogar onde eles desexen. 

13. Un club debe de facer o traballo de dar de alta a todos os seus xogadores en Fénix co correo do club?
Non recomendable. Á larga traerá problemas.

Debemos de advertir que as claves usuario e contrasinal teñen que ser unipersoais e intransferibles. Si un club da de alta aos seus xogadores posuirá as claves de todos, podendo ter problemas nun futuro no eido de protección de datos, usurpación de identidade, etc.

Todos somos amigos ata que veñen os problemas. Hoxe un xogador está no teu equipo pero mañán poida que non. Ese día en que decida marchar, si o club posúe usuario e contrasinal, deberá entregarllo á persoa ademais de ter que cambiar o correo de inscrición. Traballo extra por facelo incorrectamente dende o principio. É preferible tardar dous meses  e facelo ben que tardar dous días e facelo mal.


Si tendes más dúbidas, mandádenos un email a afasec@gmail.com que no prazo máximo de 24horas serán contestadas.

El Regate - Radio Obradoiro