Subvencións aos clubs do Concello de Santiago

O pasado 28 de agosto, o Concello de Santiago abriu o prazo para que os clubs federados deste Concello puidesen solicitar subvencións para axudar a manter a súa actividade, ao igual que o ano pasado os clubs que só teñan categoría de afeccionados non poden optar a estas axudas pero a AFASEC chamoulle a atención o punto 4 correspondente ás Obrigas dos Beneficiarios onde no apartado E dí o seguinte:

 "Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario, e cantos estados contables e rexistros específicos sexan esixidos polas bases reguladoras coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control."

Ante estas esixencias ao noso parecer fora de todo lugar, puxémonos en contacto coa Asesoría Xurídica para que nos informase ao respecto e se legalmente o Concello de Santiago lle pode esixir ter as contas auditadas aos clubs e esta é a resposta:

"En resposta á consulta formulada a esta asesoría xurídica, debemos dicir o seguinte: Entendemos que a interpretación do artigo transcrito das subvencións de Santiago supón que só son esixibles as contas auditadas nos supostos nos que a normativa esixa a auditoría das contas, non en tódolos casos, polo que non é esixible cando a normativa contable e sectorial non o requiren. Sen outro particular, reciban un coridal saúdo."

Ben pois como a normativa das asociacións deportivas sen ánimo de lucro non esixe que as contas dos clubs estén auditadas, recordámoslles aos nosos asociados que o Concello de Santiago EN NINGÚN CASO vos pode denegar as axudas por non ter as contas auditadas.

Para calquer dúbida, poñedevos en contacto co voso vogal da zona: 651445755 (Diego Sande)

El Regate - Radio Obradoiro