A mutualidade, máis estricta que nunca nesta tempada 2012/2013

Despois de escoitar a varios clubs  as súas queixas e opinións sobre o funcionamento do servizo aquí en Santiago de Compostela, decidimos denuncialo públicamente para que teñades constancia do que está a ocurrir. 

Varios clubs que están levando os seus xogadores á Rosaleda estanse queixando de que están pedindo un depósito de 100 euros en vez de 50 euros, cando non levas os papeis en regra. Ó parecer porque hai xogadores  que o están utilizando incorrectamente sin ter o boletin de cotización en regra para este ano 2012/2013. Recordamos ós clubs e xogadores que é de obrigado cumprimento que a lo menos un directivo do equipo acompañe ó xogador lesionado para evitar problemas de esta ou outra índole. 


Outros clubs están queixandose do excesivo papeleo que se está a solicitar para atender ó paciente. No século XXI, en plena  era informática, outro ano máis estamos a sufrir a cantidade de papeleo que debemos levar.Este ano están a solicitar o seguinte papeleo: 

1. Acta do partido ou certificado de lesións no adestramento
2. Fotocopia boletín de cotización. 
3. Ficha federativa. 
4. Fotocopia DNI. 
5. Parte de lesións debidamente cumplimentado. 

Aproveitamos a ocasión para recordar, nestes momentos de crise no que se está a privatizar todo, que NINGUN XOGADOR VAIA A UN CENTRO DO SERGAS BAIXO NINGUN CONCEPTO (NIN HOSPITAIS NIN CENTROS DE SAÚDE), xa que emiten factura de gastos directos para o club ou xogador como persoa física. 


El Regate - Radio Obradoiro