A sentencia de morte para algúns equipos do concello de Santiago de Compostela

Tempos de crise... de profunda crise no que os clubs  buscan debaixo das pedras cartos para poder sair a flote unha temporada máis. Os gastos van a máis.. véxase exemplos como mutualidade, arbitraxes, subida do IVE para gastos comúns, etc. 

Unha das peores novas que podían coñecer algúns clubs de Santiago e que o  concello vén de anunciar nas súas bases que quedan excluídas de axuda os clubs que participen únicamente en terceira autonómica. Ésto provoca que nove equipos de quince que disputan a liga de Santiago non recibirán ningún tipo de axuda para este ano 2012. 


Para máis información, poden consultar as bases no BOP adicadas a convocatoria de axudas ao deporte federado. 



Dende AFASEC denunciamos este tipo de actitudes que están a tomar cada vez máis ás administracións locais, recordándolle que estamos realizando actividades non lucrativas para que mozos e mozas das súas zonas poidan facer deporte cunha dinamización social importante, e que de seguro habrá moitos outros asuntos onde recortar sin ser nestes aspectos tan positivos da vida. 


El Regate - Radio Obradoiro