Pago mediante transferencia bancaria do recibo arbitral

Tal e como expusemos fai un par de semanas, xa está activada a opción de facer o pagamento do recibo arbitral mediante  o seu banco habitual. 

Unha medida  que de momento é de escasa consideración xa que solamente un total de 60 clubs  de Galicia o fixeron, polo que recordamos que este ano é opcional pero para o ano será obrigatorio.

Iremos vendo como se desenrola a actividade e os pros e contras que trae. 

Como pro xa podemos adiantar que é unha medida necesaria e imprescindible para a xustificación das subvencións xa que todas as administracións están solicitando que as facturas que se presenten sexan pagadas mediante o paso polo banco. 

Pronto daremos máis novas sobre o seu funcionamento e a súa inclusión no fútbol galego.

El Regate - Radio Obradoiro