Na defensa dos dereitos dos equipos composteláns

Guerra aberta no concello de Santiago entre éste e os equipos tras as últimas decisións que tomaron con respecto aos clubs máis humildes da cidade. 

Por unha parte e tal como informamos días atrás, o concello sacaba no BOP  a imposiblidade de pedir subvención aos equipos de terceira autonómica que non teñen base actualmente. 

Nestes días estes clubs perxudicados foron recibindo negativas para utilizar os campos municipais algo que crispou todavía máis o malestar xerado despois do  primeiro anuncio da negativa das subvencións.

Todo ésto provocou un movemento ó unisono dos clubs implicados directa e indirectamente, xa que hai equipos que hoxe non están perxudicados pero en anos futuros si o poden estar. 

Dende AFASEC e sabendo da importancia do fútbol en Santiago, tomamos os primeiros contactos cos clubs para mostrar o noso apoio hacia as iniciativas que decidan, xa que somos conscientes de que o deporte rei en Santiago e vital para que xóvenes se divirtan. 

Non pode olvidarse ninguén que os clubs, con moito traballo, realizan organizacións  donde con un baixo custo danlle anualmente servizo a xóvenes adultos  para facer deporte. Actividades en favor de persoas do concello que en tempo de crise todavía e máis vital, porque non todo o mundo pode realizar pagamentos de ximnasios, organizacións deportivas, etc. 

Lonxe de ser un estorbo como algúns os nomean, estes equipos dan viabilidade a proxectos deportivos, dan actividades ao concello a costa do traballo sin lucro de directivos, e dan dinamización social ás zonas donde se entrena ou xogan partidos oficiais. 

Para ser máis exactos, cada club vai a contar cun presuposto inferior xa que cada un restará uns 2000 euros pola non concesión da subvención. Por outra parte, si non se proporciona campos para adestrar, os equipos non poderán competir nas condicións adecuadas que exixe o fútbol federado. 

Un dos motivos polos que se argumentan estas decisións tan polémicas e que queren impulsar a base dos equipos de Santiago. Estamos de acordo con esta medida sempre e cando non limite que as persoas entre 18 e 30 anos se vexan afectados drásticamente. Si ésto sigue adiante, provocará que xogadores xuvenís de diferentes equipos, unha vez cumpran os 18 ou 19 anos e saian da categoría teñan o efecto embudo xa que non habrá equipos para seguir xogando e terán que buscarse outras actividades lúdicas ou simplemente pasarse ó sedentarismo, algo do que levamos moitos anos loitando contra él, polos efectos nocivos contra a saúde. 

Por todos estes motivos e porque necesitamos sentirnos orgullosos de ser a delegación con máis equipos e fichas de Galicia, vamos a loitar polos intereses e dereitos dos equipos de Santiago.

-->

El Regate - Radio Obradoiro