O pago dos arbitraxes mediante transferencia bancaria

Os tempos avanzan e parece que a FGF quere empezar a avanzar con él. Así unhas das novidades máis importantes de este ano é a posibilidade de realizar o pagamento do gasto arbitral por transferencia bancaria. 

Este ano é de maneira voluntaria para os clubs pero para a tempada 2013/2014 será xa obrigatorio, polo que aconsellamos a todos os clubs que o vaian facendo para acondicionarse ó sistema e que para o ano que vén non teñan que facelo todo xunto. 

O sistema, a pesar de que ten xa algúns erros recoñecidos, funciona decentemente, facendo a labor dun directivo máis fácil xa que non ten que estar preocupado de andar con cartos enriba para o pago deste. 

As vantaxes a maiores que a citada anteriormente son:

1. Para os clubs que posúan moitas categorías a simplicidade é máxima, xa que non teñen que organizar semanalmente o tema dos pagos como ata o de agora o están a facer. pasará de maneira automática o pago ao banco. 

2. Semanalmente o comité envía unha factura con número correspondiente, o que sirve directamente para subvencións ou presentación onde proceda. Como xa sabemos, agora para a xustificación das subvencións os gastos deben de estar reflectidos na conta bancaria. Ata o ano pasado valían os recibos arbitrais/certificado arbitral porque son movementos de menos de 150 € cada un non habendo posibilidade de pagalo mediante transferencia. Este ano, esto mudou e algun club pode ter problemas cando presente o certificado porque se sabe que o arbitraxe xa é posible por banco. 

3. Os cobros están sendo rigurosos e exactos, e de haber algun partido suspendido ou aprazado, devolven os cartos. 

Por todo isto, hoxe queremosvos animar a unirvos o antes posible ó sistema polas vantaxes que ten e vos deixamos aquí o PDF que podedes cubrir e entregar para a posterior verificación. 


El Regate - Radio Obradoiro