Reunión entre AFASEC e o Concello de Santiago de Compostela

SAM_0473 

Despois de varios meses agardando, Afasec puido manter unha reunión co concelleiro de deportes do Concello de Santiago, Adrián Varela Sarandeses. Pese a que a reunión estaba solicitada dende fai meses, ésta sucedeuse despois de que aqueles problemas que se vían vir no fútbol compostelán, e para a cal se pedira a reunión, terminaron por sucederse. 

A reunión serviu como toma de contacto, unha vez os ánimos no fútbol afeccionado están máis calmados, na que Afasec lle mostrou toda a súa predisposición ao Concello de Santiago en colaborar e axudar en todo o que redunde en melloras para os clubs deste Concello, de forma igualitaria, e colaborando na "profesionalización" do fútbol modesto compostelán. 


Presentóuselle a Adrián Varela o que era Afasec, que clubs a compoñen e cales pertencen a este Concello na actualidade (SD Villestro, O Xa Chegou CF, Atlético Fátima, CD Conxo e Amio SD). Así mesmo púxose en coñecemento do Concello que nos gustaría poder desenrrolar actividades en Santiago como o Campus Afasec, por exemplo. Analizáronse os acordos adoptados cos clubs modestos, na que se considerou moi positivo o actual reparto de horas de adestramento e se instou ao Concello a que de cara á vindeira temporada se manteña este sistema e se faga canto antes para poder ter tamén as pretempadas planificadas. 

No tocante ao campo de Grixoa (que complementa as horas de adestramento) todavía non está listo pero asegurou que se pondrá en disposición dos clubs en vindeiros días unha vez se fagan as labores de mantemento previstas. Outra das propostas que Afasec puxo enriba da mesa e que o propio concelleiro xa comentara que sería interesante é que se os clubs de Santiago se integran en Afasec o Concello de Santiago cedería os campos de fútbol municipais para que se instalase publicidade estática xestionada de forma común e cun reparto igualitario en función do número de fichas de cada club. Incluso se podería chegar máis alá se os clubs quixeran xestionar de forma conxunta tamén as taquillas dos campos. A premisa básica é que se os clubs non están integrados en Afasec non se poderá chegar a este convenio co Concello de Santiago. 

Por último se puxo en coñecemento a preocupación que os clubs teñen sobre a mellora do peche perimetral do campo de Villestro, para o cal o Concello solicitara unha subvención que foi denegada, polo que están a buscar outras vías de financiamento. Outra das demandas é a mellora da iluminación do campo de Santa Isabel, o Concello recoñece esa carencia, pero ao igual que a anterior non se dispón do capital necesario para a mellora. No tocante á cuberta do campo do Sergas, estan comezando o estudo para a posibilidade da súa instalación. 

O seguinte paso é reunir a todolos clubs composteláns para que consideren os beneficios de estar todos asociados, e así poder chegar a acordos co Concello como sucede noutras cidades como A Coruña, por exemplo. 

A reunión asistiron:
 Adrián Varela Sarandeses (Concelleiro de Deportes do Concello de Santiago) Nelson Barreiro (Vogal de Afasec representante do Barbanza, e Directivo da Federación Galega de Fútbol) 
Julián Pernas (Vogal de Afasec representante da Área de Compostela e Directivo do Praíña Sporting) 
Diego Sande (Vogal de Afasec representante do Concello de Santiago e representante de O Xa Chegou)

El Regate - Radio Obradoiro