CONVOCATORIA COPA DE SANTIAGO 2012

Convócase a Copa de Santiago na categoría de afeccionados correspondente á tempada 11-12 na que teñen dereito a participar os seguintes equipos:
.- Os equipos pertencentes ó Concello de Santiago que nesta tempada 2011-2012 participan na competición de Primeira Autonómica Grupo 1º (S.D. VILLESTRO)
.- Os equipos pertencentes ó Concello de Santiago que nesta tempada 2011-2012 participan na competición de Segunda Autonómica Grupo 6º (S.D. AMIO, ZONA VELLA C.F., e C.D. SAN MARCOS)
.- Os equipos pertencentes ó Concello de Santiago que nesta tempada 2011-2012 participan na competición de Terceira Autonómica Grupos 7º, e 8º (C.D. SAN MARCOS B , O XA CHEGOU F.C., e S.D. VILLESTRO “B”)
.- Os equipos pertencentes ó Concello de Santiago que nesta tempada 11-12 participan na
competicón de Terceira Autonómica Grupo 10º
Todos os equipos anteriormente citadas están inscritos de pleno dereito para a disputa desta Competición.
Se algún dos Clubes anteriormente referidos NON DESEXA PARTICIPAR nesta edición
da Copa de Santiago ten como data tope para presesntar nesta Delegación o escrito de renuncia o VENRES 20 DE ABRIL DO 2012 ÁS 20.00 HORAS.
Desta maneira, os Clubes pertencentes ó Concello de Santiago que están inscritos na Copa de Santiago e desexen participar na Copa do Sar desta tempada DEBEN MANIFESTALO POR ESCRITO. A data tope para presentar nesta Delegación o escrito correspondente por parte destes Clubes será o VENRES 20 DE ABRIL DO 2012 ás 20.00 horas.
Esta data tope para presentar os escritos de renuncia por parte dos Clubes SERÁ IMPRORROGABLE. Se algún club se retirase da competición pasada esta data sería sancionado según o estipulada no regulamento competicional da Federación Galega de Fútbol.

El Regate - Radio Obradoiro