PROMOCIÓNS DE ASCENSO 2012

PROMOCIÓNS DE ASCENSO
Aos clubes desta delegación de fútbol de Santiago da categoría terceira autonómica grupos 6º, 7º,
8º, 9º, e 10º cuxas competicións están a punto de rematar e sendo as finalizacións en distintas datas,
comúnicase e co fin de cumprimentar o mandato da Asamblea Xeral da F.G.F. do 23-07-11 e
atenéndose á circular nº 23 da tempada 2011-2012 da FGF, notifícanse os seguintes puntos:
A).- Os grupos anteriormente mencionados, que rematen a competición, á xornada seguinte
comenzarán a fase de promoción
B).- A mesma rexirase según circular nº 23 da F.G.F. e polo orde que regula esta fase de
promoción. a saber:
5º CLASIFICADO – 2º CLASIFICADO
4º CLASIFICADO – 3º CLASIFICADO
Os vencedores enfrentaranse a unha final a dobre encontro, xogándose o primeiro encontro no
terreo de xogo do peor clasificado, o vencedor ascenderá a segunda autonómica.
C).- De necesitar mais prazas para cubrir vacantes na 2ª Autonómica, serán cubertas polos equipos
clasificados para xogar esta promoción polo orde clasificado que corresponda este play-off.

El Regate - Radio Obradoiro