
O pasado venres 3 de Febreiro unha comisión da Federación Galega de Fútbol integrada por D. Enrique Fernández Otero, Delegado da FGF en Santiago, D. Jose L. Cachaldora, Delegado da FGF en Ourense, D. Rogelio Solarat Secretario da Delegación FGF en Ourense e D. Enrique Soto Vogal da FGF, asistiron a unha reunión en Braga (Portugal) coa Asociación de Fútbol Braga para retomar a organización da terceira edición COPA GALLAECIA con motivo do 90 aniversario da A.F. Braga.