O Concello de Santiago non nos cede as instalacións para o campus

http://www.santiagodecompostela.org/imx_novas/logo_portada.png
Malas novas para os nosos intereses. Despois de levar loitando varios meses para a confección de un campus para os xogadores e clubs asociados, o concello de Santiago ven de remitirnos, vía chamada telefónica, a imposibilidade de utilización das instalacións deportivas do concello. 

Nestes momentos traballaremos contrarreloxo para buscar unhas instalacións adecuadas para levar a cabo a actividade, tra-la negativa e pouca colaboración por parte do Concello de Santiago.

El Regate - Radio Obradoiro