Novo formato de acta para os partidos de todas as competicións para 2012/2013 ( Acta Online)

Segundo acordo adoptado pola Xunta Directiva en reunión de dezanove de xullo de dous mil doce, e a súa posterior presentación en Asemblea Xeral Ordinaria de vinte e un de xullo do presente, as actas arbitrais, en calquera categoría e división competicional poderán ser realizadas de forma electrónica.

O proceso será o seguinte:

O árbitro cumprirá un "boceto de acta"  onde redactará exclusivamente os apartados referentes a aliñacións, resultado, cambios, goles e amoestacións ou expulsións que tivese decretado expresando unicamente dorsal do infractor e o minuto de xogo en que o feito se produciu, subscrito ao final do encontro unicamente polo propio colexiado, entregando a cada delegado a copia correspondente.


O árbitro, unha vez finalizado o partido e antes das 12:00 horas AM, remitirá a acta arbitral completa, a través do sistema "on line" que cada club dispón na páxina web, facendo uso da súa clave de club, acta que recollerá a redacción de incidencias e a exposición clara das causas que motivaron as amoestacións ou expulsións, se as houbese. E de conformidade co artigo 218 da RFEF, a acta arbitral tramitada de forma electrónica non será necesaria a súa firma.





El Regate - Radio Obradoiro