Novidades Mutualidade e Plan Xogade



MUTUALIDADE
A compañía de seguros AEGON, responsable da asistencia médica dos membros da Mutualidade de Futbolístas ven de facer un novo convenio coa CLÍNICA ALORA especialista en Valoración, control e recuperación deportiva. Fisioterapia. Prevención de lesións e readaptación ao exercicio.

CLÍNICA ALORA
rúa dos Feáns 1-2ºA
teléfono 981 599 431
aloraclinica@hotmail.es
horario: luns a venres de 9:30h a 13:30h e 16:00h a 20:00h.





PLAN XOGADE

Novamente os xogadores de prebenxamíns a cadetes estarán incluídos no Plan XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte, a prestación sanitaria a realizará a compañía aseguradora MAPFRE VIDA SA.
Recordar que o actual Plan Xogade só inclúe aos futbolistas con licenza das categorías PB, B, A, I e C. Os adestradores, delegados, preparadores físicos e outros técnicos non están cubertos polo plan, polo que deberán aboar a cotas aqueles que estén inscritos. Os centros concertados na área da Delegación de Santiago son: Hospital La Rosaleda en Santiago e a Clínica Gaias en Santiago e en Ribeira.



 

El Regate - Radio Obradoiro