A FAVOR DO RECIBO UNIFICADO DE ÁRBITROS

A asociación de fútbol de Santiago de Compostela mostra o seu apoio e aceptación ao recibo unificado de árbitros pois é algo que vemos xusto para todos os nosos equipos e porque foi unha das nosas propostas dende un principio ( hai 2 anos aproximadamente).


Na reunión de Sábado daremos esta opinión diante das demais asociacións de fútbol.


Aproveitaremos a ocasión para mostrar tamén a nosa preocupación polo tema do plan Xogade onde, de non buscar unha solución, se verán afectados todos os equipos que teñan categorías base.

El Regate - Radio Obradoiro