
O pasado fin de semana os equipos de Ferrol non disputaron os seus encontros por non estar de acordo co recibo unificado de árbitros. En Pontevedra por división de opinións si houbo competicións. Dixamosvos aquí un enlace coa Voz de Galicia onde poderedes ter máis información:
A Voz de Galicia, artigo de folga de Fútbol
Dende a asociación de fútbol afeccionado de Santiago e Comarcas rexeitamos a folga posto que cremos xusta a posta en marcha do recibo unificado de árbitros pola igualdade de oportunidades de todos os clubs.Engadimos que esta medida foi creada por AFASEC no ano 2010 e foi presentada nas nosas Asembleas e perante o órgano da Federación Galega de Fútbol.