Convocatoria de Reunión aos clubs do Concello de Santiago

O vindeiro venres 30 de novembro de 2012 ás 21:00h na Delegación de Santiago da Federación Galega de Fútbol, AFASEC convoca a unha reunión a tódolos clubs pertencentes ao Concello de Santiago con equipo en categoría de afeccionados (1ª, 2ª ou 3ª autonómica) sexan socios ou non da asociación de clubs para poñer en coñecemento dun posible convenio entre a Asociación de Fútbol Afeccionado de Santiago e Comarcas e o Concello de Santiago de cara á vindeira temporada que mellore as fontes de financiamento dos clubs ante a falta de subvencións públicas, principalmente aos que só teñen un equipo de afeccionados.

El Regate - Radio Obradoiro