Reunión cos clubs de Santiago

Este venres tivo lugar na Delegación de Santiago da Federación Galega de Fútbol unha reunión cos clubs de Santiago que teñen equipo en categoría aficcionado.
A reunión serviu para expoñerlle aos equipos no que está a traballar Afasec tanto en melloras para os nosos asociados e clubs en xeral como actividades previstas para esta temporada.
Explicouselle as respostas que o concelleiro de deportes de Santiago nos deu con respecto ás cuestións que os clubs nos propuxeran nunha reunión anterior. O compromiso máis importante acordado co Concello é a posibilidade de chegar a un convenio para a xestión da publicidade dos campos de fútbol municipais sempre e cando a gran maioría dos clubs estén de acordo.
Esta proposta tamén se lle fará chegar aos clubs que non puideron asistir e se así o consideran necesario, ás xuntas directivas de calquer club do Concello de Santiago que así o desexe.

Clubs asistentes:

S.D. Esclavitud (en calidade de Presidente de AFASEC)
Santa Cruz de Montaos (en calidade de vogal de AFASEC e membro da FGF)
O Xa Chegou C.F. (en calidade de vogal de AFASEC)
Atlético Fátima (socio de AFASEC)
S.D. Villestro (socio de AFASEC)
Campo da Angustia C.F.
C.D. San Marcos
Estrela Vermella
A Gracia C.F.
Velacruz C.F.
Noitebra F.C.

C.D. Conxo e S.D. Amio (non asistiron, pero son socios de AFASEC)

Clubs invitados que non acudiron:

Lavacolla, San Pedro, Victoria, Zona Vella, Urban, Belvís, Vista Alegre, Bodegón Arzúa e La Salle*.

* O club La Salle non foi convidado ao non ser capaces de poñernos en contacto co seu Presidente.

El Regate - Radio Obradoiro