Reunión de Traballo da Directiva

O pasado mércores reuniuse a Xunta Directiva de AFASEC no novo campo do Doce na Escravitude para poñernos ao día da situación actual da Delegación e dos clubs que a conformamos. Falouse do que leva feito AFASEC e sobre todo do que queda por facer. Xa se están preparando os Trofeos AFASEC aos clubs máis goleadores e aos menos goleados de cada categoría (por coeficiente) e así como de engadir algunha novidade.
Dende AFASEC estamos a ver con moita preocupación como están a desaparecer equipos como consecuencia da crise pola falta de apoios públicos e privados que manteñan os proxectos.
Próximamente se dará a coñecer a data da Asemblea Xeral que salvo novidade coincidirá novamente coa entrega de Trofeos e será antes da Asemblea da Federación para poder presentar as propostas que os socios decidan.

El Regate - Radio Obradoiro