III Copa AFASEC

Ponse en marcha a TERCEIRA EDICIÓN DA COPA AFASEC en categoría de afeccionados.

Como sabedes este torneo ten carácter amigable e organizase coa intención de facilitarlle partidos amistosos de pretemporada ós nosos asociados. Os fins de semana dos que dispoñemos para este torneo son os domingos 4, 11, 18 e 25 de agosto. Estas serían as datas oficiais pero poderían modificarse por outras se os clubs contendentes se poñen dacordo.

Os clubs que teñades intención en participar tedes de prazo ata o próximo xoves día 1 de agosto para comunicalo ben enviando un correo electrónico a copa.afasec@gmail.com ou ben por medio do teléfono 626208382.

Tamén temos intención de poñer en marcha as Copas Afasec en categorías de base co mesmo obxectivo que a dos maiores pero para estes torneos aínda non temos datas fixadas. Se algún clube está interesado, por favor que o comunique.

El Regate - Radio Obradoiro