Dorsais e Domiciliación das Arbitraxes

DORSAIS
Un cambio na normativa da RFEF provocou que moitos clubs pensaran que esta temporada había que voltar á relación de dorsais 1-16 como así deberá ser en segunda división B, terceira división e no resto de ligas que organiza a Federación Española.

Esta normativa tan só afecta a aqueles clubs que xogan competición NACIONAL, polo que aquelas categorías de Preferente cara abaixo así como calquer outra que organice a Federación Galega de Fútbol non están obligados a cumprila, así pois todos os clubs galegos das citadas categorías podrán seguir usando a relación de dorsais 1-25 se o consideran oportuno.

DOMICILIACIÓN DAS ARBITRAXES
A proposta da FGF os clubs aprobaron na asemblea a Domiciliación Bancaria dos Recibos Arbitrais, polo que tódolos clubs deberán cubrir a Orde de Domiciliación dentro da súa zona privada dentro da Intranet da web da Federación co código IBAN da conta corrente que teñan.
Nesa mesma zona privada os clubs terán as facturas das arbitraxes ao seu dispor para poder presentalas como xustificante de gasto ante as institucións para a solicitude de subvencións sen necesidade que o secretario da Federación ou o delegado teñan que facer certificados.
Esta medida pode crear algún trastorno aos clubs que estaban afeitos a pagalas arbitraxes coa recadación das cantinas, pero que será moi útil á maioría de clubs e sobre todo a queles que teñen varias categorías.

El Regate - Radio Obradoiro